Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

Os farmacéuticos ourensáns saen á rúa para achegar a profesión aos cidadáns

A praza do Concello de Ourense convertíase na xornada do 2 de marzo en escenario dunha gran carpa na que se desenvolvía a iniciativa “O farmacéutico que necesitas”, promovida pola Sociedade Española de Farmacia Familiar e Comunitaria (SEFAC) coa colaboración do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense.

As persoas que visitaban o interior da carpa entre as 10:30h. e as 18:30h. podían coñecer os diferentes servizos que desenvolve esta profesión. “Ofrecéronse distintos servizos profesionais farmacéuticos protocolizados, consensuados con sociedades científicas médicas e dirixidos á poboación para dar a coñecer a actividade asistencial que pode levar a cabo o farmacéutico comunitario non só en materia de medicamentos, senón tamén en materia de saúde pública que moitas veces non son suficientemente coñecidos e valorados”, sinalaba a presidenta de SEFAC, Montse Lage.

Esta actividade enmárcase ademais nos actos da conmemoración do centenario do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense, que preside Vicente J. Álvarez, responsable dunha farmacia no Bolo. Esta inicaitiva, asegura Álvarez, permite “poñer en valor o importantísimo papel que realizan os farmacéuticos como prestadores de servizos profesionais dado que adoptamos un papel activo na asistencia dos pacientes, mediante unha interacción eficaz con éstes e con outros profesionais da saúde”. Tamén resalta que os farmacéuticos “somos os profesionais da saúde máis próximos aos cidadáns”.

Como complemento a esta iniciativa, o 1 de marzo desenvolvíase no Liceo de Ourense o coloquio “Os servizos profesionais farmacéuticos no marco do sistema sanitario”.

 

Fotos cedidas.

Máis información:
https://osil.info/farmacia-ainda-non-saiu-da-crise/
 

 

 

Dentro dos actos conmemorativos do centenario do Colexio Oficial de Farm

Artigos relacionados

Back to top button