En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Os faroliños voadores solidarios iluminan o ceo de Trives

Preto de 300 persoas asistían ao lanzamento na noite do 23 de decembro, un día antes de Noiteboa

Un ano máis o ceo de Trives iluminábase dun xeito moi especial na noite do 23 de decembro. Seguindo unha fermosa tradición os veciños reuníanse na Finca da Barreira para lanzar en familia os seus “faroliños voadores” para dar así comezo ao Nadal.

En torno ás oito da tarde íanse repartindo os faroliños entre os asistentes e tras prender lume ao seu globo esperaba o momento indicado pola concelleira para soltalos, e así, todos xuntos, encher o ceo de luceciñas cargadas de bos desexos, que ían elevándose camiño do ceo, semellando chegar ás estrelas. Unha fermosa e orixinal noite organizada dende o Concello na que a ilusión e ledicia se vían nas caras dos preto de 300 asistentes (nenos e maiores), sen dúbida a edición máis numerosa.

 

Lanzando os faroliños.

Este ano ademais de voador o faroliño era solidario xa que a xente podía obter o seu faroliño por un quilo de comida non perecedoira ou 1 euro que máis tarde será entregada á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Pobra de Trives, colaborando coa campaña de recollida de alimentos Por un Nadal Feliz para todos.

 

Un momento do lanzamento.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button