ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Os faroliños voadores volveron iluminar o ceo de Trives

Co acto, celebrado na Finca da Barreira, os veciños daban a benvida ao Nadal

Un Nadal máis e seguindo unha fermosa tradición, A Pobra de Trives daba á benvida ao Nadal “época feita para a maxia, a ilusión, a fantasía e os bos desexos, paz, solidaridade” dun xeito moi especial: co lanzamento de faroliños voadores.

Na tarde do 23 de decembro, o frío non impediu que os veciños se xuntaran na Finca da Barreira. Alí, pedindo os mellores desexos, os faroliños comenzaron a voar ben alto iluminando o ceo de Trives de luces de cores.

Este ano ademais, foron faroliños solidarios e os asistentes trocaron o seu faroliño por comida non perecedeira. “Pensamos nese faroliño solidario fomentando así a solidariedade e concienciando á sociedade desta necesidade. Fíxose unha boa recollida de alimentos gracias a todas as aportacións”, explican dende o Concello.

Fotos: Concello de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button