En portadaGalerías de fotosTempo de Entroidos

Os Felos anuncian en Maceda a proximidade do Entroido

Estas máscaras percorrían esta localidade ourensá na noitiña do 2 de xaneiro

Como en tempos, nada máis estrearse o ano novo a chamada do Entroido soa en Maceda. Os Felos, figuras centrais desta celebración de inverno neste concello ourensán, percorrían na noitiña do 2 de xaneiro esta localidade. O intenso son das súas chocas e os singulares berros enchían a localidade. O traxecto comenzaba no salón multiusos e, tras chegar ao centro de Maceda, continuaba cara o castelo onde tiña lugar unha cea.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button