EconomíaEconomíaÚltima hora

Os festivos locais do Barco no 2022 serán o 23 de maio e o 14 de setembro

Un dos momentos da sesión plenaria do 1 de xullo no Barco./ Foto: A.R.

 

Entre os puntos tratados na sesión plenaria que a Corporación do Barco celebraba na tarde deste xoves 1 de xullo figuraba unha proposta do grupo municipal de goberno socialista sobre os festivos locais para o vindeiro ano 2022. O alcalde, Alfredo García, sinalaba como datas propostas o “23 de maio, xa que o día 22 de maio, Santa Rita, é domingo; e o mércores 14 de setembro, día do Cristo. Esta proposta consultouse co Centro Comercial Aberto, que se amosou de acordo”.

O punto foi aprobado por unanimidade dos catro grupos políticos da Corporación: PSdeG-PSOE, PP, BNG e Riada Cidadá.

Artigos relacionados

Back to top button