OurenseÚltima hora

Os finalistas do Concurso de ideas de negocio transfronteirizo, visitan Ourense

O certame está promovido polo INORDE a través do Proyecto Europeo CTC “Comunidade Territorial de Cooperación Transfronteiriza”
Visita dos alumnos do Concurso de Ideas ao Parque Tecnolóxico de Galicia.

Os finalistas do Concurso de Ideas de negocio transfronteirizo, alumnos de Educación Secundaria e Formación Profesional, promovido polo INORDE a través do Proyecto Europeo CTC “Comunidade Territorial de Cooperación Transfronteiriza” realizan hoxe unha visita estudo á provincia de Ourense. Segundo o programa, visitarán o Parque Tecnolóxico de Galicia, a estación de Baños de Molgas-INORDE, onde realizarán unha serie de obradoiros e actividades relacionados co emprendemento, e completarán a xornada tomando contacto co Ourense-Termal no Balneario de Laias.

Mañá realizarán desprazaranse ata Portugal onde coñecerán InCubo, Incubadora de Iniciativas Empresariais Innovadoras, en Arcos de Valdevéz e ao día seguinte a StartupBraga, en Braga.

Os finalistas foron os proxectos presentados polos equipos do CPR María Inmaculada de Verín; do CIFP Portovello de Ourense; e do CPR Divina Pastora de Ourense.  O gañador do concurso coñecerase na final que terá lugar este mércores 27 de xuño en Terras do Bouro, cun xurado formado por representantes españois, o xerente do INORDE e representantes do Val do Cávado e Alto Minho.

Artigos relacionados

Back to top button