En portadaÚltima hora

Os fogos artificiais do Cristo, un espectáculo de luz e cor no Barco

Multitude de persoas dirixíanse cara as beiras do rio Sil no Barco na noite do 14 de setembro. Ás 22:30h., como manda a tradición, unha serie de bombas marcaban o inicio da sesión de fogos artificiais do día do Cristo na vila.

O ceo nocturno enchíase de formas diversas e luces de cores nun espectáculo visual e sonoro que se prolongaba durante uns vinte minutos e que tiña o seu reflexo no Sil. Esta sesión corría a cargo de Pirotecnia Penide.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Vídeo:
https://osil.info/video-dos-fogos-artificiais-das-festas-do-cristo-no-barco/ 

 

Artigos relacionados

Back to top button