ConcellosGalerías de fotosTrivesÚltima hora

Os fogos artificiais retan á chuvia sobre o ceo da Pobra de Trives

 

A noite do 13 de setembro, cando A Pobra de Trives abría os actos na honra ao Cristo, estivo pasada por auga. Así e todo, dada a ilusión de organizadores e veciños por manter o espírito festivo a pesares das circunstancias, decidían manter o programa coa tirada de fogos artificiais incluída.

Por iso, preto das doce da noite e malia a chuvia, o ceo de Trives inluminábase cunha potente sesión de luces e figuras de cores. Casualidades da vida, unha vez rematada a sesión, paraba de chover.

Con todo, o día grande das festas é hoxe e programa inclúe pasarrúas a cargo da charanga Terras do Bibei de mañá e de tarde; desfile e concerto da Banda de Música de Ramirás; misa solemne do Santo Cristo coa participación do Ofreón Trivés (sen procesión);  o espectáculo familiar Xan das Ondas na carpa intalada na praza do Concello; e o concerto de Vatapá ((jazz, swing, bossanova).

 

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button