En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Os fogos artificiais tinguen de cor o ceo do Barco

Como manda a tradición, ás 22:30h. deste 14 de setembro as luces do Paseo do Malecón apagábanse e a orquestra paraba a súa actuación. Milleiros de persoas dirixíanse cara á beira do río para desfrutar dun espectáculo de luz e son que constitúe, cada ano, un dos maiores atractivos das Festas do Cristo: os fogos artificiais.

Ao longo de case media hora, o ceo nocturno enchíase de formas multicores nunha sesión pirotécnica que corría a cargo de Pirotecnia Penide.

Fotos: Ángeles Rodríguez, agás as dúas últimas que son de Carlos G. Hervella.

 

Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button