En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Os folións de Fradelo e Os Labregos visitan Carracedo da Serra

O Entroido quenta motores no oriente ourensán e comezan as rondas do folión e os intercambios de visitas entre pobos. Así sucedía na tarde do 21 de xaneiro en Carracedo da Serra (A Gudiña). Esta aldea recibía a visita dos folións de Fradelo (Viana do Bolo) e de Os Labregos (Trives).

Tras dar unha ronda por Carracedo, ao redor das oito da tarde, deixaban os bombos e os sachos e eran agasallados cunha merenda por parte dos veciños da localidade. Carracedo devolveralles a visita indo tocar co seu folión a Fradelo e a Trives nas vindeiras semanas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button