CulturaCulturaEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Os folións percorren as rúas do Bolo

A xuntanza, celebrada na tarde do 2 de febreiro, abre o Entroido neste concello valdeorrés

Dende a praza do Castelo ata o pavillón de deportes do Bolo. É o recorrido que na tarde do 2 de febreiro, completaban os catro folións participantes na xuntanza organizada pola agrupación bolesa.

Segundo o previsto e malia que parecía que quería empezar a nevar (finalmente non foi así), en torno ás seis e media da tarde o son dos bombos comezaba a resoar pola localidade. Os bombos e tamén as haixadas dos Arrieiros de Petín, dos Viticultores de Vilamartín, do Folión da Veiga e dos anfitrións, o Folión das Terras do Bolo.

Ao rematar o desfile, reuníanse todos no pavillón de deportes para seguir desfrutando da tarde e saborear uns petiscos e un bo chocolate. O Bolo inauguraba así o tempo de Entroido.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button