En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Os folións poñen son ao Entroido en Petín

Os Arrieiros organizaron o encontro no que participaron cinco agrupacións

En torno ás cinco da tarde do 11 de febreiro arrancaba o encontro de folións organizdo pola Asociación Os Arrieiros, polas rúas de Petín. Con saída dende o Poboado, diante da Casa do Concello, o son dos bombos, apeiros de labranza e demais intrumentos musicais enchían as rúas da vila valdeorresa dando a benvida ao Entroido.

Encabezando o desfile, os anfitrións, Os Arrieiros cunha das súas máscaras (o Minotauro) marcando o ritmo. De seguido pasaban os membros do folión O Irrio de Caldelas, de Castro Caldelas, seguidos polos do Folión de Buxán con varias das súas vistosas Máscaras bailando. Detrás ían Os Labregos de Trives, pechando o percorrido o vistoso folión A Caniceira, tamén de Trives.

Con final na praza de Petín, tras un longo percorrido o encontro remataba cunha merenda no Teleclub.

Máis información da Revista do Entroido 2017 de O Sil
Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button