En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Os folións triveses despiden o Entroido cunha sardiña moi especial

A organización este ano corría a cargo do Folión As Maceiras, que apostaba por un menú a base de costelas asadas, empanada de sardiñas e bica, entre outras propostas

Unicamente a cabeza e as espiñas. Era o que quedaba da sardiña que sacaban en procesión pola vila os membros dos folións triveses na tarde do 14 de febreiro, Mércores de Cinza. Dende Santa Leonor, iniciaban un traxecto, encabezado pola citada sardiña e o “crego” que oficiaba a cerimonia do enterro cunha serie de paradas polos bares da localidade, nas que non faltaban as coplas en clave de humor.

Despois, o cortexo regresaba a Santa Leonor. Alí, os participantes saboreaban un menú a base de empanada de sardiñas, costelas asadas, torrexas, bica, café e chupito. A continuación, tiña lugar a queima da sardiña e con ela a fin do Entroido por este ano en Trives.

Fotos cedidas.
Máis fotos:
https://www.osil.info/procesion-enterro-da-sardina-trives-fotos/

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close