CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Os formadores das comunidades galegas do mundo aprenden a realidade do país con “Escolas Abertas”

Este programa lévao a cabo a Secretaría Xeral da Emigración e levarase a cabo no Centro Residencial Docente de Ourense e está baseado na transmisión de coñecementos a través da convivencia
Os participantes na edición de “Escolas Abertas” deste ano.

O programa docente “Escolas Abertas”, desenvolvidos pola Secretaría Xeral da Emigración, celebrou hoxe, 14 de xullo, a súa inauguración. Esta iniciativa está destinada ás comunidades galegas, e ás persoas galegas e residentes fóra do territorio galego. O acto de inauguración levouse a cabo no Centro Residencial Docente de Ourense e nel participou a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, e o subdirector xeral de Emigración e das Comunidades Galegas, Ramón Brigos.

Con este programa, a Xunta pretende espallar a cultura, modo de vida e actualidade de Galicia por todo o mundo a través da convivencia e estadía dos participantes, que serán os encargados de transmitir a súa experiencia propia a moitos outros nos seus lugares de orixe ou residencia habitual, mediante o efecto dos cursos formativos. Díaz Mouteira subliñou que ao abeiro desta iniciativa “a Galicia actual dáse a coñecer dun xeito máis efectivo e afectivo aos seus participantes, a meirande parte deles, galegos de segundas xeracións residentes no estranxeiro”.

Acto de inauguración do programa no Centro Residencial Docente de Ourense.

Pero o alumnado deste programa serán, á vez, formadores nos lugares do que proceden, polo que o seus coñecementos, e tamén a súa experiencia de contacto directo coa realidade actual do país, xera así aos cidadáns de Galicia do exterior. Coa instrución e mellora de habilidades dos participantes na iniciativa, acrecéntase tamén o interese e a formación de milleiros de galegos residentes, e mesmo nados, fóra da Galicia territorial.

Así, segundo a delegada, “a formación, a través dos participantes en Escolas Abertas, espállase a decenas e milleiros de alumnas e alumnos polos centros e casas de Galicia do mundo”.

Cómpre salientar que esta “formación de formadores” permite que se fortalezan e redobren os vencellos con Galicia das segundas xeracións (cidadáns galegos xa nados no Exterior), que arestora conforman xa máis do setenta por cento da diáspora, e que supoñen un activo e unha avantaxe comparativa de primeira orde na expansión internacional de Galicia.

“Embaixadores da cultura galega”

Ata o momento, téñense formado directamente nas distintas edicións do programa en torno a 1.000 persoas, pero cada unha delas transmite despois os seus coñecementos e aprendizaxe aos respectivos alumnados nos centros e casas de Galicia onde imparten as clases. Marisol Díaz indicou que “a través destes embaixadores da cultura galega conseguimos chegar a calquera curruncho do mundo”.

Os cursos que se levan a cabo nesta edición de 2017 consisten en obradoiros de especialización das seguintes modalidades: gaita tradicional galega, baile tradicional galego, percusión tradicional galega, canto popular e pandeireta, e confección de traxe tradicional galego. Cómpre salientar que sempre se trata de obradoiros que teñen unha ampla demanda por parte das entidades galegas no Exterior, criterio básico seguido polo departamento que dirixe Antonio Rodríguez Miranda para a convocatoria destes cursos.

Artigos relacionados

Back to top button