ConcellosO BarcoÚltima hora

Os fortes refachos de vento provocan incidencias no Barco

 

Tal como estaba previsto, na tarde deste martes 15 de xuño a tormenta, con aparato eléctrico incluído, descargaba sobre Valdeorras, pasadas as oito e media da tarde. Apenas chovía pero si se levantaban fortes refachos de vento que provocaban numerosas incidencias.

No caso do Barco, houbo moitas pólas espalladas polas rúas, árbores partidos en pleno centro da vila e tamén en pobos como Vales, así como azulexos caídos dende os edificios. Tamén se producía un incendio de árbores en Viloira.

Para hoxe tamén se esperan tormentas e chuvias intensas.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button