En portadaGalerías de fotosÚltima horaXVIII Feira do Viño Valdeorras

Os futuros paneis de cata

O Barco acollía unha xornada sobre a acreditación dos catadores e a norma UNE-EN-ISO/IEC 17025

Ao redor da acreditación dun panel de cata de viños e da norma UNE-EN-ISO/IEC 17025 xiraba a xornada técnica que se impartía ao longo da mañá do 7 de xullo no Barco. Esta acción formativa, promovida dende a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) en colaboración co CRDO Valdeorras e co Concello de O Barco, reunía a medio cento de técnicos do sector vitivinícola galego no salón de actos do edificio multiusos desta vila valdeorresa.

O programa comezaba ás nove e mediada mañá coa intervención de Antonio Tomás Palacios García, doutor en Microbioloxia pola ETSI e enólogo. Centrábase na “avaliación dos catadores. Requisitos para formar parte dun panel de cata de viños acreditado. Os paneis de cata profesionais”. Posteriormente, os directores técnicos dos consellos reguladores de Ribeira Sacra e Valdeorras, Beatriz Soto e Jorge Mazaira, respectivamente, analizaban á problemática da acreditación nos consellos galegos e Rosa Sanjuán, técnica do departamento de análise sensorial da empresa Consumolab, trataba as dificultades dos paneis de cata (segundo a norme UNE-EN-ISO/IEC 17025) no contexto da acreditación dos consellos reguladores.

A xornada completábase cunha mesa redonda sobre as “dificultades para acreditar un panel de cata de viños”, que será moderada por Alfonso Losada. O acto de clausura corría a cargo do director do EVEGA, Juan Casares, do presidente do CRDO Valdeorras, José Vicente Solarat e do alcalde do Barco, Alfredo García.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close