ConcellosÚltima horaVídeos

Os galegos residentes en Cataluña tomarán as uvas de Fin de Ano coas badaladas do reloxo do Castelo de Castro Caldelas

Castro Caldelas vestida de Nadal.

 

Este ano, as uvas deste Fin de Ano serán tomadas coas badaladas do reloxo do Castelo de Castro Caldelas polos galegos residentes en Cataluña. Así o adianta a alcaldesa, Sara Inés Vega, asegurando que xa está todo a punto para que hoxe a medianoite “os galegos residentes en Cataluña coman as uvas e reciban o novo ano 2022 coas badaladas desde o reloxo da vila caldelá”.

A propia alcaldesa da vila de Castro Caldelas será a encargada de presentar o evento despois dun video promocional previo. De seguido soarán as badaladas que levarán a Cataluña o son das campás do Castelo mentres toman as 12 uvas e ao remate Sara Inés Vega felicitará o 2022 a todos os galegos residentes na diáspora.

Dende o Concello de Castro Caldelas dan as grazas “ás entidades galegas de Cataluña, moi especialmente a Airiños da Nosa Galicia e á Federación de Entidades Galegas en Cataluña por permitirnos achegarnos aos seus fogares e compartir con eles a promoción da nosa terra”, cunha colaboración que terá continuidade o vindeiro ano “coa promoción do Camiño de Santiago desde Castro Caldelas donde nos acompañarán para dar a coñecer este Itinerario Cultural da Ruta Xacobea”, adianta a alcaldesa.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button