OurenseÚltima hora

Os gañadores do XXI Concurso de Beléns reciben os seus premios no Concello

En total presentáronse 22 beléns, todos abertos ao público
O alclde de Ourense, Jesús Vázquez e a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, xunto aos premiados no Salón de Plenos.

O xurado do XXI Concurso de Beléns Públicos de Ourense vén de decidir os nomes dos gañadores nas diferentes categorías do certame, ao que se presentaron 22 propostas dentro da cidade. Segundo establecen as bases do concurso, estes beléns estarán á vista ou abertos ao público en escaparates, vitrinas, mostradores, recunchos, etc. Para que todo o público poida visitalos. En lugares de máis difícil acceso como en centros de ensino, residencias ou casas particulares, a apertura ao público será como mínimo de dúas horas ao día, dentro do horario comercial, e terán que estar ben sinalizados cun cartel no exterior do edificio.

Na modalidade de entidades, na que podían participar todas as asociacións sen ánimo de lucro e establecementos comerciais debidamente acreditados, a gañadora do primeiro premio (400 €)  foi  para o nacementi da Residencia Nosa Señora da Esperanza, da Farixa e o segundo galardón, dotado dunha cantidade de 300 euros, foi para a Residencia As Flores, en Santa Cruz de Arrabaldo.

No tocante aos beléns familiares, instalados nos domicilios particulares, o xurado decidíu que o primeiro posto, dotado cun premio de 3oo euros, o ocupase América Vázquez Barreiro e o segundo premio (200 euros) fora para a Nerea Barxa Corral.

Finalmente, nomeouse os premios das categorías de centros de ensino. O CPC Cisneros, na rúa Emilia Pardo Bazán nº21, gañou os 300 euros do primeiro premio e o CEIP O Couto, na rampa de Sás, quedou en segundo posto cun premio de 200 euros.

O Premio á orixinalidade (300 €), para o belén máis creativo e singular nos materiais e no deseño xeral da montaxe, recaeu na panadaría Ansuíña.

 

Artigos relacionados

Back to top button