EconomíaEconomíaÚltima hora

Os gandeiros do oriente ourensán, no acto reivindicativo polos prezos da carne, en Santiago

Dende UUAA anuncian que continuarán cun calendario de actuacións para dar a coñecer "a delicada situación das explotacións galegas"

 

“SOS Gandeiría! Con estes prezos afogamos!”. É o lema co que os gandeiros do cárnico de vacún, entre eles os do oriente ourensán, desenvolvían un acto de sensibilización de reparto gratuíto de carne na praza do Toural de Santiago, promovido a través de Unións Agrarias.

“Xestionamos o territorio, contribuímos á loita contra o quecemento global, freamos o abandono, previmos lumes, producimos carnes de primeira calidade baixo estritos parámetros de benestar… pero non cubrimos custos!”, aseguran os gandeiros, que cualifican de “insostible” a súa situación. “Se a crise de prezos era unha realidade que o sector levaba xa anos arrastrando, o Covid-19 puxo a guinda; cunha caída das cotizacións da que as explotacións non se recuperan”, aseguran dende UUAA.

Neste senso, dende o sindicato anuncian un calendario de mobilizacións “para dar a coñecer e denunciar a máis que delicada siutación das explotacións galegas, poñer en valor o modelo de produción tradicional e o pastoreo e demandar solucións que garantan o futuro e a rendabilidade dun sector fundamental para a alimentación de primeira calidade e proximidade que a cidadanía e o medio ambiente merecen”.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button