En portadaÚltima hora

Os gandeiros e agricultores piden en Viana servizos e investimentos para xerar oportunidades no rural

A Casa da Cultura desta vila acollía a xornada “Pode a agricultura frear o despoboamento?” na que se proxectaba o documental “Barbecho. En el corazón del despoblamiento”, realizado pola organización rural UPA

 

“No rural hai ilusión, hai persoas traballadoras, hai ganas e forza. Pero sen investimentos, sen servizos públicos e sen as conexións necesarias para desenvolver proxectos e xerar oportunidades non pode haber futuro. Nós cremos que aínda é posible construílo”. É a mensaxe que se lanzaba dende Unións Agrarias de Viana tras a xornada “Pode a agricultura frear o despoboamento?” na que os gandeiros deste municipio e doutros próximos, como Vilariño de Conso, enchían a Casa da Cultura da vila neste mércores 4 de decembro.

O acto, presentado polo actor Rubén Riós, iniciábase ás 11:30h. cunha mesa redonda na que participaban tres mulleres do rural: a gandeira Manuela Barco, Esther Alonso concelleira en Vilariño de Conso e empresaria do rural, Gloria Fernandez, empresaria de hostelería e gandeira, e María Páez, gandeira e responsable comarcal do sindicato Unións Agrarias.

Cada unha delas aportaba un testemuño diferente, entres eles, o dunha moza que decide quedar no rural e que pide que a administración aposte polo medio rural. Tamén se amosaba que traer xente cun medio de vida fixa poboación no rural e manteno, mentres que levar persoas ao rural sen que teñan un medio de vida non fixa xente nel.

Seguidamente proxectábase o documental “Barbecho. En el corazón del despoblamiento”, realizado pola organización rural UPA e no que se dá voz ás persoas que resisten nas aldeas e reinvindícase o valor do agro e da gandería familiar. Tamén analiza como e por qué se ten chegado á situación da chamada España baleirada. Parte desta longametraxe foi realizada nos municipios de Viana do Bolo e de Vilariño de Conso, onde se recolle a experiencia de gandeiros da zona.

Tras a proxección, Rubén Ríos tomaba novamente a palabra para presentar aos tres participantes dunha nova mesa redonda: o médico Alberto Fidalgo, o profesor da Universidade de Santiago de Compostela Emilio Carral e Antonio Mota, secretario de Unitega.

Fidalgo lembraba os seus inicios na profesión, que comezou exercendo precisamente hai 35 anos en Viana do Bolo, e como co paso das décadas os servizos no rural melloraron. “Detrás diso hai un esforzo colectivo acumulado moi importante e de varias xeracións para conseguir o que hoxe temos. Avanzamos moito, pero a riqueza non se distribuíu de igual maneira, nin moito menos”.

Tamén se refería á situación do Hospital Comarcal de Verín coa recente peche do paritorio. “Verín probablemente non é rendible dende o punto de vista económico, pero así estamos falando de beneficios non de dereitos básicos. Hai que seguir asegurando eses dereitos para a xente, viva onde viva. Hai que pór cartos no rural e apostar polo financiamento necesario sexa en saúde, sexa en educación e en todos os servizos básicos”.

 

 

Logo interviña Emilio Carral, para quen a gandería e a agricultura son as verdadeiras garantes do rural e do freo ao despoboamento. Ao fío do documental facía dúas reflexións principais. “Este traballo fai unha diagnose cuasi perfecta do mundo rural e do problema da vida en igualdade”, dicía. Para logo referirse “á cuestión de xénero no rural. As mulleres non queren quedarse nel xa que o 80-90% delas son coidadoras, e iso sen un apoio de servizos mínimos é totalmente inviable. E marchan porque non hai traballo para elas. A única solución é a agricultura familiar”.

Tamén explicaba o proceso de abandono e despoboamento do rural que non é de agora, senón que vén de décadas atrás, xa dende 1955. “É un proceso perfectamente estudado, onde se busca a máxima rendabilidade ecnómica en calquera tipo de sectores”. Fronte a iso, engadía, “a agricultura familiar vertebra o territorio, proporciona servizos e xera moitas máis cousas como cultura. A cultura prodúcese cando nos relacionamos co terrotorio”.

A mesa completábase coa intervención de Antonio Mota, de Unitga, quen plantexaba unha pregunta, ¿que é o que non fixemo ben? Tamén temos que facer unha reflexióin do que temos que facer nós, poden facerse pequenas cousas. Disto só se pode saír estando unidos, entre todos. Se non estamos unidos no medio rural non nos van solucionar o problema. O problema temos que empezar a solucionalo nós, temos que ser capaces como cidadáns de empezar a pelexar e buscar puntos de unión porque somos un colectivo vulnerable”.

 

 

Despois, iniciábase un coloquio co público no que participaban estes tres ponentes e tamén as participantes na mesa redonda inicial. Finalmente, o acto pechábase coa intervención do secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García. “Non é posible vivir no rural se non temos os mesmos dereitos e uns ingresos mínimos para poder seguir traballando. As nosas son unhas reivindicacións xustas cm cidadáns e necesarias para a sociedae como agricultores e gandeiros”, aseguraba. Ademais destacaba o dinamismo da comarca vianesa, “na que temos máis de 400 afiliados”.

Nesta xornada, que finalizaba rozando ás dúas da tarde, contábase coa presenza de alcaldes dos concellos da A Veiga e de Manzaneda, así como coa dos tenentes de alcalde de Vilariño de Conso e de Porto (Zamora). Tamén asistía o director do IES Carlos Casares de Viana, xunto cun grupo de alumnos do centro.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close