DeportesFútbolOurense CFUD OurenseÚltima hora

Os goles de Borja Domingo dan a vitoria ao Ourense CF no derbi das Burgas

Co 1-2 remataba o partido ante a UD Ourense (como equipo local) disputado no Couto

 

Tras un mes se poder asistir ao campo de fútbol eran grandes as expectativas da afección para o segundo gran derbi no estadio ourensán do Couto, partido correspondente á xornada 19ª en terceira división.

Así, pasadas as sete da tarde deste sábado 6 de marzo, saltaban ao terreo de xogo os dous conxuntos da cidade das Burgas. Dun lado do terreo de xogo, a UD Ourense de Fernando Currás que xogaba como local, chegaba trala derrota pola mínima no campo do Arenteiro. Do outro, o Ourense CF aprazara o partido da xornada anterior co Alondras. Ámbolos dous na metade inferior da táboa con dous puntos de diferenza.

 

 

Foi un partido intenso e de máxima rivalidade, finalmente dominado polo conxunto da Ponte que se facía cos tres puntos en xogo. Borja Domingo adiantaba ao Ourense CF aos 41minutos de encontro e, tras empatar Raul Melo no minuto 53, xa na segunda parte, era de novo Borja Domingo quen marcaba o gol da vitoria no minuto 78. Co 1-2 no marcador o colexiado pitaba o final do encontro.

A disputada na tarde de onte no Couto foi unha das catro grandes finais que restan desta primeira fase da liga en terceira división na que ámbolos dous equipos deberán loitar por manter a categoría. Na seguinte xornada, a UD Ourense viaxará a Redondela para enfrontarase ao Choco mentres que o Ourense CF xogará en casa contra o CD Barco.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button