DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Os goles de Javi Rey e Jony dan a vitoria ao C.D. Arenteiro no campo de Espiñedo

Os rapaces de Gelucho superaban 2-1 ao C.D. As Pontes no partido disputado no Carballiño na tarde do 8 de marzo

 

Na tarde deste 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o C.D. Arenteiro sumaba tres puntos de ouro en terceira división ao vencer 2-1 ao C.D. As Pontes no campo de Espiñedo.

Despois de dous empates consecutivos (a uns contra a U.D. Ourense e a ceros contra o Estradense), os rapaces de Gelucho chegaban á xornada 27ª coa necesidade de ganar para non quedar descolgados da metade superior da clasificación. E non só ganaban senón que o facían con todas as honras, diante da afección verde.

 

Once titular do C.D. Arenteiro no partido ante o C.D. As Pontes.

 

O partido comezaba xa de cara para os locais cun temperán gol de Jony no minuto 4, aínda que os coruñeses empataban apenas dez minutos despois grazas ao gol de Óscar Rivas. Co empate a uns no marcador chegaba o descanso e tralo paso polo vestiario, os verdes sentenciaban o encontro co gol de Javi Rey no minuto 61.

Con este resultado os do Carballiño sitúanse no posto 9º da clasificación con 35 puntos, a cinco da U.D. Ourense e Deportivo Fabril (8º e 7º clasificado, respectivamente). Na seguinte xornada, xogarán na Coruña contra o Silva S.D.

 

Banquiño local e afección nas bancadas de Espiñedo.

 

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button
Close