CD BarcoDeportesFútbolGalerías de fotosÚltima hora

Os goles de Omar dan a vitoria ao Barco no amigable contra o Ponferradina B

Co 2-1 no marcador remataba o partido disputado na tarde deste domingo 3 de xaneiro en Calabagueiros

 

En plenas festas de Nadal, hoxe non tocaba fútbol. Polo menos non de liga, pero o Centro de Deportes Barco non quixo perder a ocasión de disputar un interesante amigable cos veciños de Ponferrada, programando para este domingo 3 de xaneiro, un amigable contra o filial do Ponferradina que se saldaba co 2-1 para os locais.

É certo que a afección pesa moito e malia que a desapacible tarde non estaba para fútbol, con chuvia e frío, os que asistiron ao encontro disputado no Estadio Municipal de Calabagueiros (abrigados con mantas nas pernas), puderon desfrutar dun destacado partido por parte dun dos defensas estrela do CD Barco, Omar Navarro, autor dos dous goles que lle daban a vitoria ao conxunto barquense. Neste partido, o míster tamén daba minutos aos cinco xuvenís que adestran habitualmente co primeiro equipo.

 

Omar celebra con Ivi Vales o segundo gol do partido.

 

Na parte negativa da tarde está a lesión do capitán vermello, Rubén García, que saía do campo axudado por dous membros do corpo técnico. Esperemos que non sexa nada grave.

Con esta vitoria, o CD Barco de Manolo Pérez comezaba un ilusionante ano 2021, tendo no seguinte domingo 10 de xaneiro, a primeira cita da segunda volta da liga en terceira división, de novo en casa, ante o CD Estradense, conxunto ao que xa venceran (co gol de David Álvarez) no partido de ida alá polo mes de outubro de 2020.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button