CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Os grupos de Xinzo e Chaves nas xornadas teatrais da Rúa

Aneis e Teatro Experimental Flaviense actuaron na fin de semana do 21 e 22 de maio

A VII edición das Xornadas de Teatro da Rúa, organizadas pola Asociación Cultural A Ruada, continúa o seu percorrido, desta volta da man dos grupos Aneis de Xinzo de Limia e TEF de Chaves (Portugal). Os primeiros subían ao escenario do Centro Cultural Avenida da Rúa o sábado 21 de maio para interpretar a obra “Carmelo e as veciñas”, unha divertida comedia de enredo con ata tres escenas intercaladas. Era a primeira vez que o grupo da Asociación Cultural Aneis participaba nas xornadas da Rúa ata onde achegaban un bo número de actores, dende cativos ata xente de diferentes idades.

Ao día seguinte, tocáballe o turno ao grupo de Teatro Experimental Flaviense que por segundo ano desprazábase dende Chaves (Portugal) para actuar na Rúa. Sobre o escenario a obra “Falar verdade a mentir”.

Xa no mes de xuño, os seguintes en subir ao escenario serán: Mari Calvo de Vilamartín con “Comochoconto” e o grupo AMBI-COCEMFE de Ponferrada con “Intercambiando pensamientos”, o venres día 3; La Caja de Pandora de Verín con “Sempre nos quedará Venecia”, o sábado día 4; e Xaime Prada de Vilamartín con “A idade do pavosaurio”, o domingo día 5.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button