SanidadeÚltima hora

Os hospitais de Valdeorras e Verín seguen libres de virus, mentres o de Ourense ten 2 ingresos

Dos 49 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 47 permanecen a seguemento a domicilio e 2 están ingresados en planta, segundo Sanidade

Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Unha xornada máis, tanto o Hospital de Valdeorras como o de Verín continúan libres de Covid-19, mentres o Hospital Universitario de Ourense conta con dous pacientes ingresados en planta, segundo a última actualización da Consellería de Sanidade.

Dos 49 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 47 permanecen a seguemento a domicilio e 2 están ingresados en planta.

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 2.006, con 1.825 curados e 132 falecementos (residencias e hospitais). Na provincia lévanse realizado 20.969 probas PCR.

Artigos relacionados

Back to top button