Publicidade
SanidadeÚltima hora

Os hospitais públicos da provincia retoman a programación cirúrxica

Priorizaranse as intervencións dacordo a un criterio de gravidade, impacto na calidade e vida do paciente e riscos para a súa evolución clínica

Publicidade
Hospital de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Retómase a actividade cirúrxica nos hospitais da Área Sanitaria Ourense, Verín e O Barco. “A redución de casos de Covid-19, e a menor ocupación hospitalaria adicada á pandemia, posibilita que, desde esta semana, todos os Servizos da Área Cirúrxica, dos tres hospitais públicos de Ourense intensifiquen a súa actividade, retomando as operacións programadas, nunha reactivación na que se comezará polas intervencións de prioridade 2, tendo en conta que ao longo deste período se mantiveron a totalidade das urxentes e as programadas de prioridade 1”, tal e como adianta a Consellería de Sanidade.

Tras unha fase inicial na que se priorizou a atención telefónica, con citas presenciais e intervencións só naqueles casos imprescindibles, os hospitais de Ourense, O Barco e Verín voltan pouco a pouco a normalidade. Dunha banda co progresivo incremento das intervencións urxentes, que se estima se reduciron ata nun 30% neste período, a espera dos datos de maio, o que se relaciona co confinanento e limitación dos movementos e, en paralelo, cun menor número de accidentes laborais, deportivos, de tráfico, caidas, etc.

“Obviamente realizouse toda a cirurxía urxente -329 intervencións no primeiro mes e medio do estado de alarma- e, durante toda esta crise sanitaria, mantivemos a totalidade da programación cirúrxica dos procedementos incluídos no Decreto de Garantías, que son aqueles cuxa desprogramación, ou adiamento, pode ter consecuencias negativas no prognóstico da enfermidade”, explica a directora de Procesos con Ingreso, e responsable da coordinación da Área Cirúrxica en Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Mar Vázquez Salvado.

 

 

Estas cirurxías preferentes, 643 entre a segunda quincena de marzo e abril, realizáronse principalmente no Hospital Universitario de Ourense, o 95%, e correspóndense fundamentalmente con diagnósticos oncolóxicos. “As intervencións realizáronse con normalidade, dentro das lóxicas dificultades de manexo do paciente durante a pandemia e as medidas de protección”. Ademais, Vázquez Salvado, destaca que se habilitou un quirófano específico COVID, para realizar, conforme aos protocolos establecidos, as cirurxías non demorables dos pacientes que presentaban esta enfermidade.

Para retomar con garantías este proceso, a Consellería de Sanidade reuníu a un grupo técnico, do que formou parte o xefe do Servizo de Cirurxía Xeral e Aparello Dixestivo do Hospital Universitario de Ourense, Manuel García García, que elaborou un Plan de Reactivación da Actividade Cirúrxica en relación coa infección polo virus SARs_CoV_2, a modo de folla de ruta para esta complexa organización, que debe ponderar actividade asistencial e garantías ata o fin da pandemia.

Esta reactivación progresiva irá da man do incremento paulatino do resto de actividade asistencial, hospitalización, probas, etc, de forma homoxenea co resto dos sistema público de Galicia, e especialmente da Atención Primaria, nudo central do seguimento desta fase e control do posible reponte de casos.

Segundo a prioridade clínica

Tendo en conta a situación actual, a clave é “retomar a actividade cirúrxica ordinaria priorizando esta dacordo a un criterio de gravidade, impacto na calidade e vida do paciente e riscos para a súa evolución clínica. Así, estes días estanse a incorporar, en primeiro lugar, as cirurxías dos procedementos de prioridade 2”, asegura Sanidade.

Nesta liña, ao mesmo tempo que se inclúen os pacientes en función da súa prioridade, que se determina dacordo aun criterio clínico obxectivo valorado por cada servizo, subliña Mar Vázquez, comeza tamén a retomarse a cirurxía maior ambulatoria, ou que non require ingreso.

 

 

En canto a previsión desta programación, desde a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, está previsto continuar, se non hai cambios no cronograma ou na evolución da pandemia, coa programación de prioridade 3 (menos graves) atendendo xa a criterios de tempo da súa programación, e por último, posiblemente a partir da segunda metade do mes de xuño, di a doutora Vázquez, atenderanse tamén á cirurxía menor, xeralmente procedementos con anestesia local ou sen anestesia.

Vázquez Salvado desexa transmitir tranquilidade ás persoas que deban someterse a unha intervención, “tanto nesta etapa inicial de reactivación, como en toda a folla de ruta, ao igual que neste período extraordinario, incídese, de forma moi especial, na detección de posibles casos sospeitosos Covid previos á cirurxía, para actuar con total seguridade, tanto para os pacientes, como para os profesionais”.

Para elo, faise unha enquisa epidemiolóxica aos doentes, na procura activa de signos compatibles con infección por SARS-CoV-2, e, de xeito adicional, solicítase proba diagnóstica (PRC) naqueles casos nos que está indicado.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close