EconomíaEconomíaÚltima hora

Os hostaleiros servían 8.584 pinchos na VIII Ruta “O Barco vai de viños”

Como mellor pincho desta edición, o voto popular escollía a pataca rechea de xamón, bacon, queixo, ovo de paspallás e crema de champiñóns do Bar San Roque
A presidenta de AEVA, intervindo durante a rolda de prensa./ Foto: A.R.

Balance moi positivo na VIII Ruta “O Barco vai de viños”, que se celebraba do 11 ao 21 de xaneiro nesta vila valdeorresa. Nela participaban 21 establecementos de hostalaría que ofrecían outros tantos “pinchos estrela”, cunha gran resposta do público. Así o destacaba a presidenta da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), Araceli Fernández, nunha rolda de prensa celebrada na mañá do 26 de xaneiro e na que comparecía acompañada pola concelleira de Comercio e Turismo do Barco, Irene Dacal, e pola vogal do Barco Centro Comercial Aberto, Ana García.

 

Un dos momentos do sorteo./ Foto: A.R.

Fernández del Palacio cifraba en 8.584 os pinchos servidos durante os once días da ruta e destacaba o seu bo ambiente a pesar do mal tempo desas xornadas. Ademais no marco desta proposta, cuxo remate se facía coincidir coa Festa do Botelo, sete restaurantes barquenses incluían este embutido nesa fin de semana nos seus menús. “Houbo un incremento nos menús de botelo servidos con respecto ao ano pasado, sendo un total de 372”. Ademais agradecía a resposta do público e tamén dos colaboradores da ruta. Tamén a edil de Turismo do Barco, Irene Dacal, valoraba a participación e resaltaba o labor dos hostaleiros.

 

Como resultado da votación dos participantes na ruta resultaba como pincho ganador nesta edición o do Baro San Roque: pataca rechea de xamón, bacon, queixo, ovo de paspallás e crema de champiñóns. En segundo lugar quedaba o pincho de La Querida e en terceiro o de Il Piacere: My Burguer. En total emitíanse 423 papeletas.

De seguido procedíase ao sorteo de catro ceas para dúas persoas noutros tantos restaurantes barquenses entre os participantes na ruta. Os resultados os ganadores son os seguintes:

– Eva Soltesova: cea no Restaurante Fernando III (coa colaboración de Distribuciones Roca)
– Marcos García: cea no Restaurante Casa Galaica (coa colaboración de Distribuciones Anger)
– Luis Malta: cea no Pazo do Castro (coa colaboración de Exclusivas Morales)
– Ana María Doval: cea no Piquiño (coa colaboración de D’ Berna)

Artigos relacionados

Back to top button