EconomíaEconomíaÚltima hora

Os hostaleiros terán unha semana máis para descargar os carteis e códigos QR

A Xunta decidiu prorrogar a entrada en vigor da nova norma ata o venres 12 de marzo ás 00.00 horas

 

Co fin de que os hostaleiros “poidan adaptarse á nova normativa e á posta en marcha dun plan de hostalería segura que permita compatibilizar a actividade no sector coas normas sanitarias”, a Xunta estende a moratoria para a descarga dos carteis co límite de capacidade dos locais e do código QR para o rastrexo de posibles contaxios da Covid-19.

Tendo en conta as novidades que presenta esta normativa, coa obtención dunhas ferramentas que é necesario descargar da web Turespazo e a disposición ao público dun código QR novo para boa parte do sector, a Xunta acordou a prórroga da súa entrada en vigor ata o venres 12 de marzo ás 00.00 horas. “Amplíase así a moratoria destas dúas medidas incluídas no Plan da hostalería segura, en vigor desde o pasado 26 de febreiro”.

A Xunta lembra que as demais medidas decretadas para a reapertura segura da hostalería “son de obrigado cumprimento desde que entraron en vigor o pasado 26 de febreiro”. Así, deberá respectarse o límite de capacidade permitida, sobre todo nas terrazas, nas que non poderá superar o 50% do total, ademais dos horarios de apertura e peche, a distancia de seguridade e o uso de máscara.

 

Artigos relacionados

Back to top button