CulturaEducaciónÚltima hora

Os IES de Viana, A Rúa e o Lauro Olmo do Barco, entre os 25 centros ourensáns do programa Clubs de Lectura

O colexio de Vilamartín e o de Castro Caldelas son outros dos participantes nesta iniciativa

Placa do exterior do IES Lauro Olmo, centro participante no programa Clubs de Lectura.

 

Un total de 25 centros escolares da provincia de Ourense participan neste curso 2019/2020 do programa Clubs de Lectura, promovido pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Está dirixido a centros públicos titularidade da consellería que imparten ensinanzas de ESO, Bacharelato, FP ou de réxime especial.

Esta iniciativa, que forma parte do Plan Lía de Bibliotecas escolares, ten como obxectivo impulsar o hábito lector, mellorar as habilidades sociais e a aprendizaxe desde o espazo da biblioteca escolar de cada centro.

Os centros ourensáns participantes son os seguintes:

IES de AllarizAllarizOurense
IES Aquis QuerquernisBandeOurense
IES Lauro OlmoBarco de Valdeorras, OOurense
CPI Virxe dos RemediosCastro CaldelasOurense
IES Celanova Celso Emilio FerreiroCelanovaOurense
CPI Antonio FaíldeColesOurense
CPI Terras de MasideMasideOurense
CIFP A Carballeira-Marcos ValcárcelOurenseOurense
CIFP PortovelloOurenseOurense
CPI Plurilingüe José García GarcíaOurenseOurense
EOI de OurenseOurenseOurense
IES 12 de OutubroOurenseOurense
IES As LagoasOurenseOurense
IES Julio Prieto NespereiraOurenseOurense
IES Universidade LaboralOurenseOurense
EPAPU de Pereiro de AguiarPereiro de Aguiar, OOurense
IES Xermán Ancochea QuevedoPobra de Trives, AOurense
IES O RibeiroRibadaviaOurense
IES Cosme López RodríguezRúa, AOurense
IES Castro de BaronceliVerínOurense
IES Xesús Taboada ChiviteVerínOurense
IES Carlos CasaresViana do BoloOurense
IES de VilamarínVilamarínOurense
IES Cidade de AntioquíaXinzo de LimiaOurense
IES Lagoa de AntelaXinzo de LimiaOurense

 

En Galicia están adscritos un total de 247 centros escolares que aglutinan a preto de 12.700 alumnos. E por provincias, ademais dos 25 da provincia de Ourense, participan 105 centros da Coruña, 37 centros da provincia de Lugo, e 80 da provincia de Pontevedra.

A Consellería de Educación destina un total de 220.000 euros a este programa cunha asignación por centro que se destina, fundamentalmente, á adquisición de libros para as actividades do club de lectura (que posteriormente pasarán a formar parte dos fondos da biblioteca) e para outros gastos derivados do seu funcionamento.

“Estes clubs funcionan como grupos de dinamización a prol da lectura nas comunidades educativas e como ámbitos de aprendizaxe de competencias clave para a vida. Asemade, ao implicar a diferentes membros da comunidade, son espazos para a convivencia e a educación cidadá; ao tempo que son útiles para incorporar á lectura a mozos e mozas con pouco interese por este hábito. Estanse demostrando, así mesmo, útiles para mellorar a autoestima e as habilidades sociais e de lectura do alumnado con dificultades específicas de aprendizaxe”, segundo Educación.

Por outra banda, nestas reunións adoitan introducirse as tecnoloxías da comunicación e a lectura dixital, así como as relacións con outros clubs, con bibliotecas públicas ou con entidades culturais do entorno máis próximo.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close