A candidatura encabezada por Xosé Miguel Pérez conseguía catro concelleiros e o 51,21% dos votos
Cambio de cor política no goberno municipal de San Xoán de Río. A Agrupación de Electores de San Xoán de Río (RIO), que lidera Xosé Miguel Pérez, vén de facerse coa maioría absoluta nos comicios municipais deste concello. Esta formación independente conseguía un total de catro concelleiros, co 51,21% dos votos, fronte a dous concelleiros do PP e a un do partido socialista.
Esta era a primeira vez que esta formación política independente se presentaba a unhas eleccións.