DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Os infantís do C.D. Rúa póñense a punto para afrontar a liga

Co 1-3 no marcador remataba o amigable disputado no Aguillón contra o Calasancio

Co amigable ante o Calasancio, o equipo infantil do C.D. Rúa comeza a preparación para afrontar a nova tempada. O partido tiña lugar na tarde do 16 de agosto no campo Novo Aguillón da Rúa e o restultado foi de 1-3 (gol de Rodrigo para os amarelos).

Despois dunha gran tempada xogando como alevíns, este grupo de cativos dirixidos por Luis Ferrer ten por diante unha complicada e ilusionante campaña, a primeira que xogarán como infantís, que comezarán no mes de setembro.

O próximo partido de pretempada para os infantís será mañá, 18 de agosto, contra o C.D. Barco.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button