CD RúaDeportesFútbolGalerías de fotosÚltima hora

Os infantís do CD Rúa golean aos do Ribadavia Atle. B

Co 10-0 remataba o partido disputado na tarde deste sábado 15 de xaneiro no campo Vicente Solarat

 

Parece que as vacacións de Nadal lles sentaron moi ben á base do CD Rúa. Polo menos así o demostraba o equipo infantil que na tarde deste sábado 15 de xaneiro goleaba ao Ribadavia Atle. B por 10 goles a 0 no campo Vicente Solarat.

Álex Bilea (que marcaba en dúas ocasións máis) abría o marcador para o Rúa no minuto 1 e a partires de aí xa non daban tregua nin opcións aos do Ribeiro. Ademais de Álex tamén marcaban David Anta (2 goles), Íker Vázquez, Pedro Arias (de penalti), Suso Fernández (2 goles) e Anxela Fernández (de penalti).

Ademais dos infantís (os únicos na casa), na xornada deste sábado tamén xogaban os xuvenís. O equipo adestrado por Sabela Pérez vencía 2-5 ao Sporting Celanova no seu propio campo grazas aos goles de Hugo (en dúas ocasións), Berto (noutras dúas) e un do Celanova en propia meta.

 

Unha das xogadoras do Rúa infantil controlando o balón no Vicente Solarat.

 

O terceiro partido do Rúa disputado hoxe era o do equipo benxamín B no campo da UD Ourense B que empataba a 4.

A xornada de fútbol desta fin de semana para o CD Rúa completarase mañá, domingo día 16 de xaneiro, cos partidos do equipo sénior en casa ante o Piñeira Seca FC (16:15 horas); do equipo cadete a domicilio contra o Pabellón EDO (12 horas); dos alevíns A e B a domicilio contra C. Academy (12 horas) e CP Calasancio (10:30 horas) respectivamente; e do equipo benxamín a domicilio contra o Ourense CF (12 horas).

As fotos da galería corresponden ao partido da categoría infantil.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button