CD RúaDeportesFútbolÚltima hora

Os infantís do CD Rúa, subcampións da Copa Deputación Ourense 2022

 

Outra copa que se vén para A Rúa. Se na tarde de onte eran as rapazas do Rúa Valdeorras Fútsal as que lograban a Copa Deputación de Fútbol Sala Feminino como flamantes campioas, na mañá deste domingo 5 de xuño era o equipo intantil de fútbol do CD Rúa os que lograban a súa como subcampións da Copa Deputación Ourense 2022.

Trala vitoria ante o Athletic Valenzá no Campo Vicente Solarat Maceda, os infantís do CD Rúa pasaban á final que se celabraba hoxe no campo municipal ‘O Corgo’ en Soutopenedo.

 

O alcalde da Rúa, Álvaro Ferdández coa capitana Anxela.

 

Sobre o terreo de xogo, os rueses enfrontaranse ao SCD Arrabaldo nun partido arbitrado por Javier Vázquez Álvarez que finalmente se resolvía co 4-1 favorable para os ourensáns que comezaban anotando xa no minuto 5. Co 3-0 no marcador Íker anotaba para o Rúa pero quedaban sen tempo para máis.

Vendo o partido estaba o alcalde da Rúa, Álvaro Fernández que amosa a súa alegría por ter chegado ata a final da competición. “Noraboa por toda a forza e ilusión que poñedes en cada partido. Sodes un orgullo para A Rúa”, din dende o Concello.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button