DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Os infantís do M.V. Barco lideran a clasificación en 1ª división

O equipo de baloncesto barquense leva 4 vitorias noutros tantos partidos, a última en Calabagueiros ante Salesianos

Dous partidos de baloncesto e dúas vitorias locais. Na mañá do 15 de outubro o pavillón de Calabagueiros vivía unha intensa xornada de liga, da man de dous dos primeiros  equipos do M.V. Barco en comezar a tempada. Primeiro, eran as rapazas que compiten na 2ª división da categoría júnior as que superaban por cinco puntos ás xogadoras do Campus Ourenser EDO Blanco Amor. Co 45-39 final no marcador e dous partidos disputados (perdían o primeiro partido a domicilio contra Airexa), as mozas do Barco sitúanse no 4º posto da clasificación.

Case dúas horas despois do partido feminino, tocáballe o turno ao equipo infantil masculino que un ano máis compite na 1ª división. Dun  lado da cancha o M.V. Barco, líder da clasificación. Do outro o Bosco Salesianos. E entre ambos corenta minutos de partido que fixeron do equipo barquense un líder todavía maior. O equipo vermello vencía 44-40 en casa na 4ª xornada de liga, sumando a cuarta vitoria do Barco noutros tantos partidos e manténdose no alto da clasificación con 8 puntos.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button