SanidadeÚltima hora

Os ingresos de Covid no Hospital de Verín soben a 11

No CHUO son 31 os pacientes hospitalizados, mentres que o Hospital de Valdeorras segue libre de virus

Exterior do Hospital de Verín./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Neste 18 de setembro a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexistra 511 casos activos de coronavirus, o que supón 8 máis que onte. Dese total de pacientes, 42 están hospitalizados (deles 5 na Unidade de Coidados Intensivos) e 469 permanecen a seguemento a domicilio, segundo a última actualización de datos facilitada pola Consellería de Sanidade.

Nesta xornada de venres soben a 11 as persoas ingresadas en planta no Hospital de Verín, 5 máis que onte. Esta cifra foi a máxima que ten rexistrado neste centro hospitalario. Chegou tamén a ter ese mesmo dato de 11 pacientes o pasado 9 de abril, para despois descender, tal e como indica Sanidade.

No Hospital Universitario de Ourense son 26 os pacientes de Covid en planta (2 menos que onte) e 5 os ingresados na UCI (1 máis que onte). Polo de agora, o Hospital de Valdeorras mantense libre de virus.

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 2.968, con 2.316 curados e 141 falecementos. Polo de agora lévanse realizado 51.687 probas PCR, 482 nas últimas 24 horas.

Artigos relacionados

Back to top button