En portadaÚltima hora

Os ingresos por Covid no Hospital de Valdeorras baixan a 10, 3 menos que onte

Tamén baixan a 1.569 (130 menos que onte) os casos activos no conxunto da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco

Exterior do Hospital Público de Valdeorras.

 

Mantense a tendencia descendente na curva do Covid-19 na provincia. A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco conta con 1.569 pacientes con infección activa, 130 menos que onte, segundo os últimos datos, actualizados ás 18h. do 11 de febreiro, e publicados esta mañá pola Consellería de Sanidade. Tamén baixan os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 42 (fronte aos 56 de onte).

Ademais nesta xornada volven baixar os ingresos, hai 137 persoas hospitalizados en planta (3 menos que onte) e 18 na Unidade de Coidados Intensivos (os mesmos que onte). O Hospital de Valdeorras rexistra 10 ingresos de pacientes en planta, o que supón 3 menos que onte; mentres o Hospital de Verín segue con 5 ingresos e o Hospital Universitario de Ourense ten 119 en planta (os mesmos que onte) e 18 na Unidade de Coidados Intensivos (o mesmo dato de onte). Finalmente, a Clínica Santa Teresa ten 1 ingreso en planta e o Centro Médico El Carmen 2.

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 14.216, con 12.256 curados e 391 falecidos (Sanidade notificaba onte 3 novos falecementos). Polo de agora lévanse realizado 194.616 probas PCR e 95.557 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button