CulturaCulturaÚltima hora

Os investigadores das pinturas rupestres de Casaio farán unha visita guiada o 22 de xuño

Estarán en Pala de Cabras para explicar sobre o terreo as características desta excepcional mostra de arte prehistórico na tarde do vindeiro sábado
Visita guiada ás pinturas de Pala de Cabras (Casaio) para os veciños o 1 de maio./ Foto: Carlos G. Hervella.

Tras a conferencia impartida o pasado martes no Barco sobre os primeiros resultados do estudo das pinturas esquemáticas do Calcolítico descubertas en Casaio (Carballeda de Valdeorras), está claro que o seguinte paso é visitalas. Así o propoñía durante a charla o arqueólogo e director do equipo Sputnik Labrego, Carlos Tejerizo, que anunciaba nese mesmo acto que o vindeiro sábado 22 de xuño pola tarde os investigadores farán unha visita guiada en Pala de Cabras para explicar in situ as características destas manifestacións artísticas prehistóricas.

O punto de encontro das persoas interesadas en acudir (e que deben dispor de todorreo) será ás catro e media a praza de Casaio, ou ben, se van andando dende Casaio a ermida vella do San Xil. O equipo tamén advirte de que o camiño entre a ermida e a pala é de montaña e entraña certa dificultade.

Esta é a segunda visita guiada que o equipo de Sputnik Labrego, xunto a Francisco Alonso e Manuel Santos, organizan, tras a realizada o pasado 1 de maio para os veciños de Casaio, no marco da Romaría do San Xil.

 

Artigos relacionados

Back to top button