CulturaCulturaEn portadaÚltima hora

Os investigadores de Sputnik Labrego volven a Casaio para documentar os restos da mina de volframio de Valborraz

“Malia que se trata dun lugar moi coñecido e visitado, non sabemos exactamente que é o que queda en pé da antiga explotación”, di Carlos Tejerizo, director deste proxecto

 

Panorámica do complexo da mina de volframio de Valborraz (Casaio)./ Foto: Sputnik Labrego.

Nova campaña arqueolóxica do equipo de Sputnik Labrego nos montes de Casaio (Carballeda de Valdeorras). Nos vindeiros vindeiros días estes investigadores, que están a traballar sobre a guerrilla nesta zona galega, volverán á comarca para documentar, nesta ocasión, os restos da antiga mina de volframio de Valborraz, coñecida como a “mina dos alemáns”.

“Malia que se trata dun lugar moi coñecido e visitado, non sabemos exactamente que é o que queda en pé da antiga mina de wolframio. O noso obxectivo é documentar todos os vestixios que aínda se conserven”, comenta o arqueólogo Carlos Tejerizo, director do proxecto.

Actualmente esta explotación presenta un estado de “moi avanzado deterioro”, tras sufrir tamén no 2010 un desprendemento que se levou por diante unha parte importante das estruturas do poboado mineiro. De aí que “sexa urxente intervir sobre esta paisaxe industrial. A documentación dos restos que hai é un primeiro paso necesario. O noso obxectivo é que esta información poida servir para protexer e poñer en valor un lugar único”, resalta Tejerizo.

Esta antiga explotación era un dos principais enclaves da coñecida como guerra do volframio no marco histórico da segunda guerra mundial, na que Franco exportou este mineral en grandes cantidades, especialmente á Alemaña nazi. “Neste contexto a mina de Casaio foi unha das xestionadas de forma directa polos alemáns, de aí que sexa coñecida como a Cidade dos Alemáns. Foi tamén neste período cando a mina acolleu o Destacamento Penal, que foi analizado en profundidade polo investigador Isidro García Tato. Sen embargo, a mina agocha unha historia moito máis rica e complexa”, comentan os investigadores.

Neste senso, Alejandro Rodríguez, co-director das intervencións, afirma que “a falta de documentación para abordar algúns períodos da súa historia ou aspectos como a vida cotiá das persoas que alí viviron e traballaron fan que a arqueoloxía sexa especialmente útil”,.

Artigos relacionados

Back to top button