DeportesÚltima hora

Os irmáns Ares Prada fanse co triunfo no I Trail Magosto de Larouco

Alejo Ares colocándolle dorsal á súa irmá Miriam, antes da saída do trail./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Os primeiros en completar o percorrido de 10 km do I Trail Magosto de Larouco o 2 de novembro eran os irmáns Alejo e Miriam Ares Prada, en categoría masculina e feminina, respectivamente. O atleta de Sobradelo era o primeiro en cruzar a liña de meta cun tempo de 33 minutos. O podio masculino completábase con Enrique Suárez, segundo, e Santiago Panizo, terceiro.

Na categoría feminina ganaba a carreira a súa irmá Miriam Ares, que volvía competir despois de case oito anos inactiva. Facíao ademais nunha modalidade totalmente nova para ela e lograba o primeiro triunfo co seu novo equipo, o Tres Lunas Valdeorras. Ares impoñíase a Lucía Rodríguez e Diana Vila.

Máis información e fotos:
https://www.osil.info/deporte-magosto-e-disfraces-de-samain-no-i-trail-e-andaina-de-larouco/
https://www.osil.info/mais-imaxes-do-i-trail-e-andaina-magosto-de-larouco/

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close