En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Os irmáns Vallejo abandonan en Esgos e Antonio Suárez sae da vía no Canón do Sil

Iván Ares quedou primeiro na segunda pasada de Melias e conseguiu o segundo posto tras o abandono de Suárez TC9, Canón do Sil

Importantes cambios sucedéronse ao longo da xornada de hoxe. A falta de rematar a segunda e derradeira pasada de Melias, os irmáns Vallejo ( Sergio e Diego) da Escudería Ourense, que remataran en décima posición na TC 7 de Melias (primeira pasada), tiveron que abandonar a carreira no Tramo Cronometrado 8 (Esgos) por unha rotura de transmisión. Pero peor sorte correu José Antonio Suárez, do Sainteloc Junior, que de estar en segunda posición a só 26 milésimas do primeiro sufriu unha saída de vía no Canón do Sil (TC9). Un duro revés na competición.

Pola súa banda, Cristian García xa se proclamou líder deste Rallye Ourense 2017. A falta de que remate a segunda pasada, e ultimo tramo do Rallye, o corredor do RMC Motorsport é líder na táboa cun tempo acumulado de 2:11:04.7. Tras del, Iván Ares. Ares, neste derradeiro tramo de Melias, con 20 segundos de penalización acumulados, quedou primeiro, cun tempo de 8:56, o que lle serviu para manterse nese segundo posto acadado na segunda pasada do Canón do Sil tras o abandono de Antonio Suárez.

Polo momento, unha trintena de corredores pasaron a liña de meta neste último tramo de Melias e o palmarés está do seguinte xeito: Cristian García, do RMC Motorsport, en primeira posición cun tempo acumulado de 2:11:04.7; Iván Ares, de Yacar Racing, segunda posición cun acumulado de 2:12:04; Pedro Burgo, de ACSM Rallye Sport, terceiro posto con 2:14:28; Surhayen Pernía, do RMC Motorsport, queda cuarto con 2:14:28 e, finalmente, en quinto posto está o piloto da Escudería Barbadás, Iago Silva, cun acumulado de 2:19:19.

Máis información sobre as clasificacións na seguinte ligazón: http://online3.atodomotor.com/online/2017/ourense/9/1/rally-1.html?

Fotos: Carlos G. Hervella e Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button