CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Os IX Cantos de Taberna enchen os bares triveses

Con esta proposta musical e festiva daba comezo a IX Mostra do Patrimonio Inmaterial que organiza ata o vindeiro 12 de agosto a A.C. A Caniceira

A música enchía cada recuncho de Trives na tarde e noite do 10 de agosto. Numerosas persoas abarrotaban os establecementos de hostalaría para desfrutar dos IX Cantos de Taberna cos que se abría a X Mostra de Patrimonio Inmaterial que organiza a A.C. A Caniceira.

Arredor das oito da tarde os oito grupos participantes nesta edición (Macizas Centrais, Os Trabazos, San Nordés, Los Mariachis Locos, Rondalla Esmorga, Son do Bibei, Os Tabernícolas e Nova Era) concentrábanse na praza do Pilón e dende alí iniciaban un circuíto por cada un dos locais participantes nesta edición: O Lar de Alicia, San Martín, O Cafeto, Troula, Quintela, O Bodegón, Sky, Paíño, Manolo’s, Boliche e A Cantina do Catro.

Tanto os bares como as propias rúas trivesas enchíanse de xente nun ambiente festivo que a partires da medionoite se ía concentrando na praza do Reloxo coa chegada dos primeiros grupos que completaban o percorridos. Despois, unha vez reunidos todos de novo, a organización facía entrega de diplomas e agasallos aos músicos. E así concluía unha exitosa novena edición destes cantos de taberna.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos:
https://osil.info/unhas-22-persoas-participan-no-iv-campionato-de-billarda-de-trives/
https://osil.info/a-feira-de-artesania-abarrota-o-casco-antigo-de-trives/

Artigos relacionados

Back to top button