DeportesÚltima hora

Os Jabalíes da Rúa adiántanse ao Nadal coa “Ruta do Polvorón”

O percorrido levou aos ciclistas seguindo o río Sil pola Rúa, Vilamartín de Valdeorras e O Barco

Dende hai seis anos o club ciclista Jabalíes da Rúa celebra o Nadal ao seu estilo: sobre rodas. Na tarde do sábado 22 de decembro, unha decena de “Jabalíes” participaban na xa tradicional “Ruta do Polvorón” por unha parte da comarca de Valdeorras.

Con saída na Rúa, os ciclistas chegaban ata O Barco pasando por Arnado e o parque empresarial da Raña, percorrendo o paseo do Malecón rumbo a Vilamartín de Valdeorras. Alí, no pavillón do Bañadoiro facían unha parada para tomar unha copa de cava e os polvoróns que dan nome á ruta, antes de continuar cara A Rúa.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button