DeportesÚltima hora

Os Jabalíes regresan á Rúa

A VI edición da ruta BTT celébrase este domingo 9 de xullo, con saída e meta no Aguillón
Participantes na última Ruta BTT Jabalíes celebrada na Rúa. /Foto: Carlos G. Hervella.

Dous anos despois, a Ruta BTT Jabalíes regresa á Rúa. Con saída e meta no pavillón de deportes do Aguillón en torno ás 9:30h. do domingo 9 de xullo, a ruta constará de dous percorridos: un de 42 quilómetros e outro de 30 “polo mesmo camiño pero con cortes para a xente que queira facer menos quilómetros”, explica o presidente do Club Ciclista Jabalíes, Santiago Pimentel.

El mesmo explica que a idea é que o itinerario percorra todo ou boa parte do municipio e este ano por primeira vez pasará polo medio de Somoza, ademais de chegar ata San Xulián, Vilela, Fontei e As Pedreiras antes de regresar ao Aguillón, onde terá lugar o xantar en torno ás 14:30h. Outra das novidades deste ano é a I Andaina Jabalíes de 12 quilómetros, para os que prefiran andar.

Máis información no número de xullo de O Sil Deportivo.

Artigos relacionados

Back to top button