CulturaCulturaÚltima hora

Os Labregos de Trives, entre os representantes ourensáns en Eixpressões 2017

Esta mostra internacional, que comezaba na fin de semana do 8 e 9 de xullo en Viana do Castelo, reunía a tres Entroidos da provincia
Os Labregos tocando en Viana do Castelo.

O toque do Entroido do oriente ourensán soaba polas rúas de Viana do Castelo na tarde do 8 de xullo. O Folión Os Labregos de Trives era un dos grupos participantes en Eixpressões 2017 “Encontro de Teatro Popular do Noroeste Peninsular”.

O programa desta mostra cultural abríase na mañá do 8 de xullo no Largo de San Domingos e continuaba pola noite na praça do Eixo Atlántico cun desfile no que participaban máscaras do norte de Portugal como os Caretos de Ousilhão e de Grijó, xunto cos Boteiros e o folión de Os Labregos. O programa incluía asemade a presenza dos Volantes do Entroido Ribeirao, dos Cabreiros de Muíños e dos Troteiros de Bande, entre outros.

Este foro continuará na vindeira fin de semana con novos actos pero no Largo das Neves.

Fotos cedidas.

Este folión trivés participaba en Eixpressões 2017.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close