CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Os Labregos levan o engaiolante ritmo do Entroido trivés a “Aquí Galicia”

Neste programa da televisión galega tamén se presentaba a gastronomía trivesa e actuaban diversos grupos de música locais

O intenso son dos bombos e gadañas enchía o escenario do “Aquí Galicia” na retransmisión en directo que facían dende Trives na tarde do 10 de novembro. O Folión Os Labregos amosaba o toque e a tradición do Entroido trivés neste programa da televisión galega no que tamén actuaban formacións musicais trivesas como As Macizaas Centrais, a Banda de gaitas Os Trintas ou a Rondalla Esmorga.

Ademais entre os contidos do programa mostrábase a rica e saborosa gastronomía trivesa e nel entrevistábase a Ángel do coñecido Restaurante La Viuda de Trives.

Fotos: Concello de Trives, agás a primeira que é de Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button