Os Labregos pechan o Entroido en Carril

Este folión trivés tocaba o domingo 10 de marzo durante o enterro da sardiña desta localidade pontevedresa

Da comitiva do enterro da sardiña de Carril (Pontevedra) formaba parte este ano o Folión Os Labregos (Trives). Este acto iniciábase a partir das seis da tarde do domingo 10 de marzo (tras a súa “capela ardente” no salón multiusos da sociedade) “coas letanías pertinentes” e ía ata a praza da Liberdade, onde se prodecía á queima da sardiña.

Durante o percorrido deste cortexo funerario soaba o toque dos Labregos que, deste xeito, vén de pechar un intenso Entroido 2019.

Fotos cedidas polo Folión Os Labregos.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies