En portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Os “Latexos do rural no Camiño” arrancan na Mezquita

O desfile de moda de Jorge De Álvarez puxo o broche á primeira parada da peregrinación artística dirixida por Rubén Riós

 

No Edificio Multiusos da Mezquita arrancaba na maña deste sábado 5 de xuño o primeiro capítulo de “Latexos do rural no Camiño”, a peregrinación artística dirixida por Rubén Riós con protagonistas locais de diferentes ámbitos do rural ourensán. Un percorrido pola fotografía, a poesía, a música, a pintura, o teatro e mesmo a moda, co Camiño de Santiago como fío condutor.

 

Actuación de Santi Cañaveral.

 

Os primeiros eran a acuarelista Paulinha D´Arzoá –historiadora do arte e acuarelista, dun pequeno municipio de Vilardevós- e o fotógrafo apaixoado do Camiño de Santiago Ramón Fernández, cuxas obras podían verse expostas durante toda a xornada. En torno á media mañá tocáballe o turno a Carmen Rivero Gallego que puxo voz aos seus propios poemas acompañada pola performance de Paulinha D´Arzoá, unha interpretación de pintura dos versos da poeta lazana que xa ten editados varios poemarios.

 

Os modelos da colección de Jorge D Álvarez.

 

O teatro chegaba xa pola tarde da man do actor Santi Cañaveral quen presentou unha peza inédita sobre a súa viaxe espiritual e introspectiva no Camiño; a nota musical virá da minibanda e banda do Conservatorio Profesional de Música de Verín cunha actuación no exterior do Multiusos.

Nese mesmo espazo era o modisto vianés Jorge Álvarez quen poñía o toque de moda e beleza, cun novidoso desfile coa súa colección exclusiva inspirada na relixión e o Camiño de Santiago.

 

O actor e director de teatro, Santi Cañaveral.

 

Entre os asitentes, moita xente nova e tamén o alcalde da Mezquita, Rafael Pérez, entre outros. A seguinte parada da peregrinación será Riós, coas actuacións o vindeiro sábado 12 de xuño, no Edificio Multiusos e na praza do Concello.

 

Os membros do Conservatorio de Verín co alcalde da Mezquita, Rafael Pérez.

 

“Latexos do rural no Camiño” parte da idea de crear un festival itinerante para dar voz a esas artistas rurais quen nas súas obras. “Hai moita paixón e creatividade: unha ferramenta salvadora nestes momentos que nos toca vivir, non só para comunicarnos e xerar esperanzas, senón tamen para dar a coñecer o noso ó mundo”, en palabras do director, Rubén Riós. Trátase a iniciativa desenvolvida no Marco do Programa “O teu Xacobeo” nace co obxectivo de promocionar a arte no Camiño Sanabrés da Vía da Prata, en localidades que apenas conta cun milleiro de habitantes.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button