Unha decena de librerías ourensás tomaban as rúas do centro de Ourense con motivo da conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil o 31 de marzo. Así podían percorrerse os stands de Librería Universitaria Kathedra, Librería Malleira, Librería Zampacontos, Librería Internacional, Librería A Nova, Librería Padre Feijóo, Librería CYC e do Sindicato do Cómic.
Ao longo da xornada, que tivo unha gran presenza de público, estes establecementos aplicaban un 10% de desconto en todos os libros vendidos. “Estase vendendo de todo e moi variado, se ben ao largo longo do día estase notando o tirón do personaxe de Pepa Pig, que xa destaca polas ventas dende as pasadas festas navideñas; logo séguenlle os libros animados”, comentaba José Manuel García Mosquera, presidente da Agrupación Provincial de Libreiros de Ourense.
Pola súa banda, a presidenta do sector a nivel autonómico, Pilar Rodríguez, “o gran sacrificio que supón montar unha xornada como ésta, xa que hai que trasladar os libros ata aquí, colocalos e logo volver a desmontar”.