OurenseÚltima horaVídeos

Os magostos musicais nas rúas 2020 percorren a cidade de Ourense

Ata 13 agrupacións tradicionais amenizan a festividade de San Martiño neste mércores 11 de novembro

As Pandereterias de Celavella (Celanova).

 

A cidade de Ourense está a celebrar a festividade do seu patrón, San Martiño, dun xeito moi diferente ao habitual, cuns magostos que cambian as castañas pola música e as reunións de xente por percorridos polos diferentes barrios. Así, dende as 12 e as 18 horas deste mércores 11 de novembro, un total de 13 agrupacións de música tradicional están a percorrer a cidade tocando e cantando. Dende o barrio da Ponte ata Barrocás, pasando polo Couto, Mariñamansa/ A Cuña, a cidade vella, e o centro.

As formacións que participan nesta edición especial dos magostos en Ourense son: Os Lubicáns (Ourense), Os Viqueiras de Ordes (dúas formacións), De pé feito (Ourense), De par en par (Ourense), O gaiteiro de Poio (Santiago), Airiños de Caldelas (Castro Caldelas), Pandereteiras de Celavella (Celanova), Os Daniñas (Ourense), Os Carunchos (Vigo), Os Carapaus (Santiago), Gaitas de aquí e de alá (Ourense), e Faíscas da Pontagra (Santiago).

Neste vídeo pódese ver e escoitar ás Pendereteiras de Celavella (Celanova) nun momento da súa actuación nunha das rúas de  Mariñamansa/ A Cuña.

Vídeo: Carlos G. Hervella

 

Artigos relacionados

Back to top button