SanidadeÚltima hora

Os maiores de 80 anos serán citados por SMS para a terceira dose contra o Covid

Será a partir do luns 25 de outubro, unha vez terminada a dose de reforzo en centros sociosanitarios e poboación inmunodeprimida

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

 

Dende o pasado 18 de outubro e ata o 31 de decembro estará en marcha a campaña galega de vacinación contra a gripe, que será de forma secuencial e co obxectivo de chegar “a máis do 75% da pobación de máis de 65 anos; ao 75% dos traballadores sanitarios; e a máis do 60% das embarazadas”.  Ademais, en entre a novidades deste ano, a partir da vindeira semana os maiores de 80 anos recibirán tamén a terceira dose da vacina contra o coronavirus. Así o aseguraba o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña en rolda de prensa na mañá deste luns 18 de outubro, sinalando que seguirán a estratexia do Ministerio de Sanidade.

“Unha vez terminada a dose de reforzo en residencias sociosanitarias e poboación inmunodeprimida, o luns 25 de outubro empezaremos a administrar a terceira dose aos maiores de 80 anos, o seguinte grupo”, dixo, exlicando que recibirán un SMS para acudir aos seus centros de cabeceira, que serán maioritariamente os centros onde se vacinaron nas dúas primeiras doses. “No momento no que acudan a vacinarse contra o covid, ofreceráselles a vacina da gripe, pero ollo, unicamente recibirán a cita aqueles maiores de 80 anos que se vacinaron coa segunda dose hai 6 meses ou máis. É importante lembralo”, dixo García Comesaña, puntualizando que a todo aquel que non se localice via SMS e non acuda á recibir a dose de reforzo, será chamado por teléfono.

O seguinte grupo de vacinación para a terceira dose será de 70 a 79 anos, e de igual xeito serán citados vía SMS, unha vez pasados seis meses dende que recibiron a segunda dose.

 

Artigos relacionados

Back to top button